Crónica Gráfica do Ministerio de Facenda (1852 - 2007)

Capítulo: "A Guerra Civil" (texto HTML accesible)

Imaxe: Percorrido de cámara subindo as escaleiras do soto do Ministerio de Facenda.

Narrador: No 1936 algo comezou a cambiar cando os meus sotos se encheron de soldados. Comezara a Guerra Civil e o Xeneral José Miaja constituíu a Xunta de Defensa elixíndome como Cuartel Xeral e residencia oficial.

Imaxe: Foto de soldados nos sotos do Ministerio.

Imaxe: Foto de José Miaja con uniforme militar sentado nun sillón do despacho oficial do Ministro de Facenda.

Narrador: A función de facenda paralizouse por completo. Os papeis deteriorábanse nos patios, os arquivos subterráneos convertíanse en habitacións e centros de operacións. Unha mestura de tabaco e metal asolagaba os sotos. A vida transcorría entre présa, silencios e faces apagadas...

Imaxe: Percorrido de cámara ó longo dos corredores do soto do Ministerio.

Son: Efecto sonoro de guerra con bombas caendo, disparos, etc.

Imaxe: Foto de soldados e civís nos sotos do Ministerio.

Imaxe: Foto de soldados en formación nos sotos do Ministerio. O seu rostro é de desánimo e algúns teñen a cabeza agachada.

Imaxe: Foto antiga do comezo da rúa Alcalá tomada dende a Porta do Sol. Hai moita xente andando pola rúa e coches e tranvías circulan polo centro.

Narrador: A sala Carlos III, escenario de actos oficiais, condecoracións, entrega de xoguetes e vodas, converteuse en marco para a propaganda. O propio Miaja, querendo evidenciar a participación de tropas extranxeiras na Guerra civil, deu unha rolda de prensa ante os corresponsais extranxeiros estando presentes os presos italianos detidos na batalla de Guadalaxara.

Imaxe: Foto da Sala Carlos III ateigada de militares, civís e periodistas. Moitos están de pé observando como compañeiros están escribindo e falando.

Imaxe: Foto de José Miaja a carón da mesa onde se está facendo a rolda de prensa.

Imaxe: Foto dos soldados italianos presentes na rolda de prensa.

Imaxe: Foto de Jesús Hernández Tomás, Ministro de Instrución Pública e Belas Artes, falando ante o micrófono na rolda de prensa. Está de pé a carón da mesa e move un brazo moi expresivamente. Miaja está sentado á súa dereita.

Narrador: O asedio a Madrid foi constante. Como cuartel de Defensa de Madrid, convertinme nun dos obxectivos.

Imaxe: Foto aérea en branco e negro de Madrid na que se resalta cunha máscara de cor verde a Porta do Sol, a Praza de Cibeles e a Praza de Neptuno.

Narrador: Este son eu.

Imaxe: Na mesma foto resáltase o edificio do Ministerio cunha máscara de cor vermella e cun círculo de liña discontinua.

Narrador: Os avións tomaban como referencia o edificio de Telefónica, para bombardearme.

Imaxe: Na mesma foto resáltase cunha máscara cor vermella e cun círculo de liña discontinua o edificio da Telefónica. Seguidamente trázase unha liña recta discontinua amarela unindo a Telefónica e o Ministerio.

Narrador: E de súpeto...

Son: Efecto sonoro simulando a caída do obús.

Imaxe: Na mesma foto desaparecen todas as sinalizacións e a imaxe avanza simulando a caída dun obús.

Narrador: Estivo máis preto do que credes. O Pazo do Marqués de Torrecilla quedou destruído. A súa portada barroca foi obxecto de protección especial despois da guerra.

Imaxe: Foto da covanca aberta na bóveda do túnel do metro fronte ós edificios de vivendas e tendas do número 14 da Porta do Sol, daquela número 15, fronte á Farmacia Company.

Imaxe: Foto do Pazo do Marqués de Torrecilla destruído polos bombardeos.

Imaxe: Foto da portada barroca do Pazo do Marqués de Torrecilla. A través das fiestras vense os cascallos producidos polos bombardeos.

Narrador: Tamén foron alcanzados a Academia de Belas Artes de San Fernando e o edificio da Telefónica.

Imaxe: Foto do edificio da Telefónica. Vense algúns buratos e impactos de metralla na fachada.

Narrador: No 1937 o Presidente Azaña, xunto con outros membros do goberno, tivo a honra de visitarnos. Miaja ofreceulle un banquete de honra nos sotos. Bandeiras autonómicas locían radiantes nas columnas presidindo a que foi unha agradable noite. Por un momento semellou unha cea entre amigos ou unha voda. O balbordo das bombas deixou paso ós risos, ós canticos...

Imaxe: Percorrido de cámara ó longo dos corredores do soto do Ministerio.

Imaxe: Foto de Miaja e Azaña no banquete no soto do Ministerio.

Imaxe: Foto do banquete no soto do Ministerio. A mesa é moi longa e todos os comensais están sentados parolando. Bandeiras autonómicas penduradas das columnas.

Imaxe: Foto do banquete tomada lonxitudinalmente. A mesa no centro e ós lados soldados e civís parolando amigablemente.

Narrador: Pero durou pouco. Dous anos despois, na noite do 5 de Marzo do 1939, constituíuse nos sotos, o Consello Nacional de Defensa, último órgano republicano, co obxecto de poñer fin á guerra.

Imaxe: Foto da Praza de Cibeles en época de guerra. A estatua da Cibeles está tapada completamente por un parapeto contra bombardeos de lastros, area e sacos de terra.

Imaxe: Foto de Azaña atravesando os corredores do soto do Ministerio. Leva posto un abrigo escuro e o sombreiro na man.

Narrador: Estas intencións anunciáronse por radio. Os encargados de pronunciar os discursos foron Casado, Cipriano Mera e Julián Besteiro. Aínda lembro o seu discurso...

Imaxe: Percorrido de cámara ó longo dos corredores do Ministerio.

Imaxe: Fotos de Casado, Cipriano Mera e Julián Besteiro no momento de pronunciar os seus discursos. Están no soto do Ministerio e hai pouca luz. Un flexo ilumina a mesa á que están sentados.

Besteiro: Cidadáns Españois... Despois dun longo e penoso silencio, hoxe véxome na obriga de dirixirvos a palabra por un imperativo de conciencia, dende un micrófono de Madrid.

Imaxe: Foto do Xeneral Miaja recibindo nos sotos do Ministerio de Facenda ós representantes da Misión Anglicana en España.

Imaxe: Percorrido de cámara a través dun corredor do soto do Ministerio.

Besteiro: A verdade é, concidadáns, que despois da batalla do Ebro, os exércitos nacionalistas ocuparon totalmente Cataluña e o Goberno Republicano andou errante longo tempo en territorios franceses.

Imaxe: Foto de Besteiro sentado nunha mesa pronunciando o discurso. Xente ó seu redor de pé con rostros apagados.

Imaxe: Vistas dos paneis informativos e de fotos do apartado da Guerra Civil da exposición Crónica Grafica do Ministerio de Facenda nos sotos do Ministerio.

Besteiro: Eu fálovos dende este rompeondas de todas as españas que dixo o poeta inmortal que todos perdemos, tal vez abandonado en terras estrañas. Eu fálovos para dicirvos que cando se perde hai que demostrar o valor que se posúe. Pódese perder, pero con honradez e dignamente. Eu dígovos que unha vitoria moral dese xénero vale mil veces máis que unha vitoria material lograda á forza de claudicacións e vilipendios.

Imaxe: Foto de Besteiro pronunciando o discurso sentado.

Imaxe: Foto do Xeneral Miaja vestido de militar nun despacho do Ministerio. Ás súas costas hai unha robusta libraría de madeira.

Imaxe: Foto de Fernando Rodríguez Miaja, axudante do Xeneral Miaja, no patio principal do Ministerio, tamén chamado patio do Reloxio.

Imaxe: Foto de grupo do persoal de administración, servizos e telefonía que atendía os cuartos privados e o despacho do Xeneral Miaja nos sotos do Ministerio de Facenda.

Narrador: Uns días máis tarde caeu Madrid e rematou a Guerra.

-- Fin do capítulo --

© Ministerio de Facenda (2012)

Secretaría Xeral Técnica

Subdirección Xeral de Información, Documentación e Publicacións

 

Validación correcta XHTML 1.0 TransitionalCSS Válido: Estrutura de Follas de Estilo validadaAvaliación de accesibilidade AA das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 del W3C-WAI