Crónica Gráfica do Ministerio de Facenda e Función Pública (1852 - 2007)

Capítulo: "O que pasa na rúa" (texto HTML accesible)

Narrador: A miña privilexiada situación na Rúa Alcalá permitiume ser testemuña de numerosos actos, manifestacións, e desfiles ó longo dos anos.

Imaxe: Vista actual da rúa Alcalá tomada dende o balcón principal do edificio do Ministerio de Facenda e Función Pública. Ó lonxe podemos ver a Casa de Correos e a Porta do Sol.

Narrador: Lembro as celebracións de noitevella, miles de persoas desfrutan preto de min cada aninovo. Esperto co cheiro a champán, confeti, e algún tunante durmindo sobor de min.

Imaxe: Percorrido de cámara a pé de rúa pola beirarrúa na rúa Alcalá en dirección á Porta do Sol. Xente paseando pola rúa pasa preto da cámara e ó fondo á dereita vemos o edificio do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Imaxe: Vista da fachada do edificio do Ministerio de Facenda e Función Pública, o reloxio da Porta do Sol, e un detalle do reloxio do edificio do Banco Español de Crédito.

Narrador: Vivín tamén moitas procesións, como por exemplo a procesión relixiosa co motivo do Congreso Eucarístico Internacional no 1911.

Imaxe: Fotografía antiga da procesión relixiosa de 1991 con motivo do Congreso Eucarístico Internacional. Vense todos os clérigos de xeonllos percorrendo a rúa Alcalá.

Narrador: Curiosos foron os desfiles cívico-militares conmemorativos do 2 de Maio, lembro especialmente o de 1858, no que marchou persoalmente o rei consorte, Don Francisco de Asís, con uniforme de Capitán Xeneral, acompañado do Primeiro Alcalde.

Imaxe: Dúas fotos antigas do desfile cívico-militar tomadas dende o alto da Casa de Correos na Porta do Sol.

Narrador: As manifestacións populares destes últimos anos fixéronme tremer... Todo queda nun triste e profundo silencio cando fala a rúa.

Imaxe: Foto de 1997 da manifestación cidadá de repulsa polo asasinato do concelleiro de Érmua Miguel Ángel Blanco. A manifestación pola rúa Alcalá pasa á altura do edificio do Ministerio de Facenda e Función Pública camiño á Porta do Sol.

Imaxe: Foto na Porta do Sol da manifestación cidadá en repulsa polos atentados do 11 de Marzal do 2004. A xente ateiga toda a praza e teñen os brazos levantados. Numerosos cartaces e pancartas asoman por enriba da multitude.

Son: Efecto sonoro dunha manifestación.

Imaxe: Vista do teito do Salón Goya. Aprécianse todas as personaxes representadas vestidas con roupas tradicionais das diferentes comunidades autónomas.

Imaxe: Percorrido de cámara polo Salón Carlos III paralelo á gran mesa situada no centro.

Imaxe: Cadro pintado por Eduardo Balaca en 1877. Representa un retrato de corpo enteiro de Alfonso XII, Rei de España, con uniforme de Capitán Xeneral do Exército, portando a banda e gran cruz da Orde de Carlos III e o colar da Orde do Toisón de Ouro. Permanece de pé apoiando a súa man dereita sobor dunha mesa na que repousa o cetro e a coroa de España.

Imaxe: Cadro pintado por Manuel San Gil y Villanueva en 1878. Representa un retrato de corpo enteiro da Raiña dona María das Mercedes de Orleans e Borbón, esposa de Alfonso XII. A Raíña viste un vestido longo branco adornado con ramos de margaridas. Ostenta unha diadema de perlas e diamantes e loce a banda da Real Orde de Damas Nobres da Raíña María Luisa.

Imaxe: Percorrido de cámara a través dos corredores do soto do Ministerio de Facenda e Función Pública.

-- Fin do capítulo --

© Ministerio de Facenda e Función Pública (2008)

Secretaría Xeral Técnica

Subdirección Xeral de Información, Documentación e Publicacións

 

Validación correcta XHTML 1.0 TransitionalCSS Válido: Estrutura de Follas de Estilo validadaAvaliación de accesibilidade AA das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 del W3C-WAI