Crónica Gráfica do Ministerio de Facenda e Función Pública (1852 - 2007)

Capítulo: "La Real Casa de Aduana y el edificio de ampliación para el Ministerio de Hacienda" (texto HTML accesible)

Imaxe: Foto antiga de 1949 aproximadamente da fachada do edificio para Ampliación do Ministerio de Facenda tomada a pé da rúa a carón do edificio.

Narrador: Despois de ser durante moitos anos a Real Casa de Aduana e Oficina de Rendas, o Ministro Alejandro Mon ordenou que fose Ministerio de Facenda.

Imaxe: Foto antiga do Edificio do Ministerio de Facenda e Función Pública tomada dende un balcón dun edificio da rúa Alcalá cara a Porta do Sol.

Narrador: Agora que o penso, a miña vida sempre xirou entorno ós problemas de espazo. Un espazo que non hai na rúa para contemplarme como me merezo, e outro necesario para adaptarme á gran cantidade de traballo que xera a Facenda Pública.

Imaxe: Foto antiga tomada dende un balcón dun edificio da Porta do Sol cara a rúa Alcalá. Ó fondo vemos o edificio do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Imaxe: Foto antiga dun despacho do edificio do Ministerio de Facenda e Función Pública. Vense as mesas e estanterías cubertas de carpetas e papeis.

Narrador: Esto pasoulle á Casa dos Ministros, igualmente deseñada por Sabatini situada na Praza da Mariña Española, e entre outras funcións antiga sede do Ministerio de Facenda.

Imaxe: Foto antiga da Casa dos Ministerios na Praza da Mariña Española.

Narrador: Corría o ano 1845 e en plena reordenación da Porta do Sol nomeáronme Ministerio de Facenda.

Imaxe: Vista actual dos teitos de Madrid tomada dende a azotea do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Imaxe: Vista actual da fachada do edificio do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Narrador: A cidade mudaba lentamente fronte a min, e eu tamén, o rango Ministerial fixo que me adornasen como merecía. Recibín unha boa limpeza da fachada e arranxáronse os meus dous despachos principais, o Salón Goya e o Salón Carlos III.

Imaxe: Foto antiga da fachada do Ministerio de Facenda e Función Pública tomada dende un balcón dun edificio da rúa Alcalá cara a Praza de Cibeles. Vense moitos coches antigos e xente andando pola beirarrúa.

Imaxe: Vista actual dunha das catro ménsulas que suxeitan o balcón que adorna a fachada do Ministerio de Facenda e representa un monstro con cabeza de león.

Imaxe: Vista xeral do Salón Goya e o Salón Carlos III.

Narrador: Xa ben entrado o século XX mercáronse os soares contiguos para facer obras de ampliación. Estaban ocupados polo Pazo do Marqués de Torrecilla, e foron destruídos na guerra civil. Só se conserva deles a fachada barroca, declarada monumento histórico artístico.

Imaxe: Vista actual das fachadas xuntas do Ministerio de Facenda e Función Pública e o Pazo do Marqués de Torrecilla.

Imaxe: Varias fotos antigas do soar que deixou o Pazo do Marqués de Torrecilla e da súa fachada apuntalada tralos bombardeos da Guerra Civil.

Narrador: Como vían que me quedaba pequeno ergueron unha cuarta e quinta planta, fixeron unha das reformas que máis me gusta. Foi a creación da cúpula situada nun dos meus patios, construída na segunda metade do século pasado, polo arquitecto Galmés de Fuentes, serviu nun primeiro momento como pechamento da caixa xeral de depósitos.

Imaxe: Foto antiga da azotea do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Imaxe: Foto antiga do reloxio da azotea do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Imaxe: Tres fotos antigas da construción da cúpula. Nas dúas primeiras vemos todo o encofrado de madeira que se instalou para poder realizar a cúpula e na última vense operarios botando formigón e rematando a construción da cúpula.

Narrador: Na actualidade, debaixo da cúpula sitúase a nova Biblioteca Central... Botemos unha ollada. A Biblioteca Central é un dos recunchos máis fermosos que quero amosarvos, rematada no 2002, na adecuación do espazo para este novo emprego, respecta a súa morfoloxía orixinal e potencia a visión dende todos os seus ángulos da cúpula.

Imaxe: Vista actual da cúpula tomada dende a azotea do edificio.

Imaxe: Vista xeral da biblioteca tomada dende o segundo piso.

Imaxe: Vista da parte central da biblioteca tomada dende o primeiro piso.

Imaxe: Vista da planta baixa da biblioteca. A cámara percorre cara atrás un corredor principal.

Narrador: Ó ano seguinte creouse a sala de José Echegaray, lugar onde se ofrecen conferencias e roldas de prensa.

Imaxe: Vista xeral da sala José Echegaray. Semella un auditorio moi pequeno con numerosas butacas e no escenario hai unha mesa grande con catro cadeiras e un púlpito dende onde poder falar ós asistentes.

Narrador: Madrid e máis eu cambiamos para adaptarnos ós novos tempos, pero ás veces lembrando, boto de menos moitas cousas... Boto de menos ver a Igrexa do Bon Suceso na Porta do Sol, ou a Casa Central de Dilixencias e todos eses carros de cabalos que pasaban ante min todos os días, ou o Hotel Peninsular...

Imaxe: Foto de finais dos 70 da rúa Alcalá tomada ó pé da rúa cara a Praza de Cibeles. Está chovendo e a xente anda polas beirarrúas con paraugas.

Imaxe: Vista actual tomada dende o mesmo lugar, agora non chove e os coches e autobuses son moito máis modernos.

Imaxe: Foto antiga da Igrexa do Bon Suceso da Porta do Sol.

Imaxe: Foto antiga da Casa Central de Dilixencias. Vense moitos carros de cabalos parados a carón da rúa e outros circulando por ela.

-- Fin do capítulo --

© Ministerio de Facenda e Función Pública (2008)

Secretaría Xeral Técnica

Subdirección Xeral de Información, Documentación e Publicacións

 

Validación correcta XHTML 1.0 TransitionalCSS Válido: Estrutura de Follas de Estilo validadaAvaliación de accesibilidade AA das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 del W3C-WAI