Crónica Gráfica del Ministerio de Hacienda (1852 - 2007)

Capítulo: "O Ministerio de Facenda e a paisaxe urbana" (texto HTML accesible)

Imaxe: Vista actual da fachada do edificio do Ministerio de Facenda tomada cara a Porta do Sol. Veise pasar xente andando a carón do edificio.

Imaxe: Plano de Sabatini da fachada do edificio do Ministerio de Facenda do ano 1769.

Narrador: Foi construído nunha época de gran desenvolvemento urbanístico no centro de Madrid.

Imaxe: Foto antiga do edificio do Ministerio de Facenda tomada dende un balcón dun edificio da Porta do Sol.

Narrador: Ata a guerra da Independencia, Madrid, grazas ó pulo dos borbóns, foi adornado con outros grandes edificios como o Pazo Real, a Casa de Correos, a Real Academia de Belas Artes, o Museo do Prado e a Porta de Alcalá.

Imaxe: Foto antiga da Porta do Sol tomada dende un balcón dun edificio da praza, esquina coas rúas Maior e Areal. Á dereita veise a Casa de Correos e o reloxio da súa torre.

Narrador: A guerra parou este desenvolvemento, que anos despois seguirá da man da nobreza e da emerxente burguesía.

Imaxe: Foto antiga da Porta do Sol cara a rúa Maior e Areal antes da súa reforma en 1849.

Imaxe: Foto aérea antiga da Porta do Sol.

Narrador: Durante o século XIX, o Madrid Borbónico deixou paso a unha nova planificación da cidade, con novos barrios e ensanches.

Imaxe: Foto antiga da rúa Alcalá tomada ó pé da rúa dende a Praza de Cibeles cara a Porta do Sol. A imaxe móvese cara a Porta do Sol e os carros e transeúntes pasan a carón da cámara.

Narrador: A verdade é que podo considerarme testemuña da remodelación da Porta do Sol e a rúa Alcalá.

Imaxe: Foto aérea da rúa Alcalá dos anos 80.

Narrador: Grazas á iniciativa privada, arrodeáronme novos veciños, como o Banco de Bilbao, a equitativa de Seguros, despois sede do Banco Español de Crédito, o Círculo de Belas Artes ou a Telefónica.

Imaxe: Foto antiga do edificio do Banco Bilbao tomada dende un balcón dun edificio da Rúa Alcalá. Vense coches antigos e tranvías pola rúa, e moita xente polas beirarrúas.

Imaxe: Foto antiga do edificio do Banco Español de Crédito tomada dende un balcón dun edifico da rúa Alcalá.

Imaxe: Foto antiga do reloxio da azotea do edificio do Ministerio de Facenda. Ó fondo vemos o edificio da Telefónica.

Narrador: A cidade facíase máis cosmopolita e moderna, e a miña rúa converteuse no corazón financieiro de Madrid durante moitos anos.

Imaxe: Foto de 1969 da rúa Alcalá tomada ó pé da rúa dende a Praza de Cibeles. Coches como o Seat 600 percorren a rúa Alcalá cara a Porta do Sol.

Narrador: Foi unha época de cambios, de esperanzas, de novos soños...

Imaxe: Foto antiga da rúa Alcalá tomada ó pé da rúa en dirección á Porta do Sol, á altura da Igrexa das Comendadoras de Calatraba, pertencente ó antigo Mosteiro de Real da Concepción. Os tranvías están pasando polo centro da rúa. Hai un carro de cabalos apostado fronte á igrexa e transeúntes cruzando a rúa.

-- Fin do capítulo --

© Ministerio de Facenda (2012)

Secretaría Xeral Técnica

Subdirección Xeral de Información, Documentación e Publicacións

 

Validación correcta XHTML 1.0 TransitionalCSS Válido: Estrutura de Follas de Estilo validadaAvaliación de accesibilidade AA das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 del W3C-WAI